DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1452

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215E).

BDNS (Identif.): 806492.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións as persoas xurídicas privadas con actividade habitual en Galicia, promotoras e xestoras de laboratorios, incubadoras ou residencias orientadas ao asesoramento e impulso de proxectos audiovisuais e cuxos estatutos recollan, no seu obxecto social, aspectos directamente vinculados ao ámbito audiovisual e cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais e se convocan para o ano 2025

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215E).

Cuarto. Importe

O crédito asinado ao financiamento da subvención será de 180.000 euros do código de proxecto 2015-00003, dos que 140.000 euros irán con cargo á aplicación 13.A1.432B.481.0. e 40.000 euros con cargo á aplicación 13.A1.432B.470.0, distribuídos de modo que segue:

2025: 70.000 euros da aplicación 13.A1.432B.781.0 e 20.000 euros da aplicación 13.A1.432B.770.0

2026: 70.000 euros da aplicación 13.A1.432B.781.0 e 20.000 euros da aplicación 13.A1.432B.770.0

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais