DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2183

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de decembro de 2022 da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 3, do mércores 4 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo IV (Baremo), na páxina 643, onde di:

«a.2) Docencia de formación sanitaria especializada ata un máximo de 1 punto:

– Xefe de estudos de formación sanitaria especializada: 0,375/0,25 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Titor: 0,25/0,15 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Colaborador docente: 0,10/0,125 puntos/ano ou a parte proporcional.»

Debe dicir:

«a.2) Docencia de formación sanitaria especializada ata un máximo de 1 punto:

– Xefe de estudos de formación sanitaria especializada: 0,375 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Titor: 0,25 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Colaborador docente: 0,10 puntos/ano ou a parte proporcional».