DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de catro árbores e dúas formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de catro árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2024/3186650.

Data: 8.11.2024.

Solicitante: Simonetta Dondi Dall Orologio.

Especie: Platanus orientalis L.

Tipo: árbore.

Localidade: Mondoñedo.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/3186650.

Data: 8.11.2024.

Solicitante: Simonetta Dondi Dall Orologio.

Especie: Buxus sempervirens L.

Tipo: árbore.

Localidade: Mondoñedo.

Concello: Mondoñedo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/2914648.

Data: 9.10.2024.

Solicitante: Raquel Vila Amado.

Especie: Pinus pinaster Aiton.

Tipo: formación.

Localidade: Nogueirosa.

Concello: Pontedeume.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2024/3500845.

Data: 13.12.2024.

Solicitante: Juan José Fraga Duro.

Especie: Pinus pinea L.

Tipo: árbore.

Localidade: A Estrada.

Concello: A Estrada.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2024/3501162.

Data: 13.12.2024.

Solicitante: Juan José Fraga Duro.

Especie: Quercus suber L.

Tipo: árbore.

Localidade: A Estrada.

Concello: A Estrada.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2024/3536601.

Data: 17.12.2024.

Solicitante: Tomé Soneira Beiras.

Especie: Arbutus unedo L.

Tipo: formación.

Localidade: San Xoán de Cabeiro.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de vinte días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural