DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2234

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Residencial M12, S. Coop. Galega de Vivendas en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

Conforme o disposto na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria de Residencial M12, S. Coop. Galega de Vivendas en liquidación, realizada o 16 de decembro de 2024, acordouse, por unanimidade dos votos e cumprindo os requisitos legais e estatutarios, a liquidación e extinción da sociedade cooperativa, facultando para tales efectos os liquidadores, así como a aprobación do balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo previamente censurados por un auditor externo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024

Sonia García Fuentes
Ana María Otero Rendo
Manuel Pacior Pérez
Liquidadores