DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2233

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024 polo que se convocan varias bolsas.

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición das seguintes convocatorias de bolsas:

– 36ª convocatoria do Programa de bolsas de posgraduado no estranxeiro dirixidas a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.

Prazo: ata o 28 de febreiro de 2025.

– 1ª edición do The Exponential Fellowship Program dirixido a titulados universitarios con nacionalidade española e vinculados a Galicia en disciplinas técnicas.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2024 e 2025.

– Doctoral Fellowship Program dirixidas a titulados universitarios galegos na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2024 e 2025.

– Postdoctoral Fellowship dirixida a investigadores galegos na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2024 e 2025.

Bases e inscrición en www.fundacionbarrie.org

A Coruña, 16 de decembro de 2024

Ana Lorenzo Núñez
Interventora xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa