DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2232

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Local Os Peares

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo, a media xornada, incluída na oferta extraordinaria de estabilización do persoal temporal.

Pola Resolución da Presidencia do Consorcio Local Os Peares, do 30 de decembro de 2022, aprobáronse as bases xerais e a convocatoria do proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal do Consorcio Local Os Peares, para prover unha praza de auxiliar administrativo, a media xornada, como persoal laboral, mediante o sistema de concurso, pola quenda libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os Peares, 18 de decembro de 2024

Manuel Seoane Rodríguez
Presidente