DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización de obras no concello de Val do Dubra (expediente DH.W15.100570).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: María Díaz Barca.

NIF: ***3385**.

Expediente: DH.W15.100570.

Lugar: O Agro do Vinculeiro.

Parroquia: Portomouro (San Cristovo).

Concello: Val do Dubra (A Coruña).

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas son as necesarias para instalar un campamento de turismo de tres cabanas singulares denominado Soños do Tambre, coa categoría dunha estrela, na parcela de clase rústica e uso agrario que ten unha superficie de 8.582 m2, que na actualidade e segundo o catastro ten a referencia catastral 15089A071006270000BB (polígono 71 parcela 627 15089A07100514-565-626) do Agro do Vinculeiro, na parroquia de Portomouro (San Cristovo), no concello de Val do Dubra (A Coruña), segundo o Proxecto básico para campamento de turismo de 3 cabanas singulares Soños do Tambre presentado.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro