DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2025 Páx. 2228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de decembro de 2024 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 304/2024, no expediente de reposición da legalidade POL/157/2015-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento abreviado 304/2024, interposto pola persoa con DNI 36003468G, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, da solicitude de execución subsidiaria da Resolución do 25.11.2016, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se ordenou a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo demoler as obras consistentes en edificación de tipoloxía residencial, dúas soleiras, un alpendre e un peche, sitas na rúa Merouxos, 21, Patos, no concello de Nigrán, na parcela catastral 54035A019001090001JR, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35935408R para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística