BDNS (Identif.): 807213.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.
Segundo. Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 17 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).
Cuarto. Importe
O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 1.000.000 € no ano 2025.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
