Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as resolucións de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
As resolucións foron ditadas pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.
Lugo, 19 de decembro de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/Pasaporte/NIE |
Acto notificado |
|
LU-2013/00071 |
33995707M 32948223X |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2017/00182 |
13AF85225 |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2017/00038 |
Y5517648P |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-PF-89/2011 |
FB567860 |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2024/00003 |
34324288P Z0404710F |
Resolución de cancelación da inscrición |
