De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a corrección de erros do 27 de decembro de 2024, da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 31 de outubro de 2024, do proxecto Renovación tecnolóxica parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), promovido por Sotavento Galicia, S.A.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
