DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Castelo, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Tordoia e Val do Dubra (A Coruña). Clave do expediente 2024/0291.

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 30 de decembro de 2024, do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Castelo, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Tordoia e Val do Dubra (A Coruña), promovido por Energías Especiales del Alto Ulla, S.A.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade