DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 desde o apoio A1NI7PC9//52-5 e o CT Cidadelle 36CC46, no concello de Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/398-4).

A instalación denominada Regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 desde o apoio A1NI7PC9//52-5 e o CT Cidadelle 36CC46 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de maio de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Redondela.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36045A053002670000WU

Louriña

Emilio Parada Covelo

52-6

2

2

36A45A053002780000WP

Louriña

Descoñecido

52-5

2