DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3397

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2025, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de mantemento do Bosque de Galicia, parque do Lago e noiros situados entre as dúas rotondas do enlace da autoestrada AP9 coa Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: un ano, entre xaneiro e decembro de 2025.

Importe: 164.121,91 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia