Mediante a Resolución desta Alcaldía, do 23 de decembro de 2024, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reordenación de volumes na rúa Santa Lucía, 14, para desenvolver na parcela con referencia catastral 9666118NH1196N0001SO, promovido por Espsil, S.L. e redactado polos arquitectos Carlos Berride Abalo e Juan Antonio Villanueva Ruíz, asinado dixitalmente o 13.9.2023.
Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.
O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal).
Vilagarcía de Arousa, 30 de decembro de 2024
Alberto Varela Paz
Alcalde
