DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono 27 (Castiñeiras).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribeira, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 12 de decembro de 2024, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do polígono 27 (Castiñeiras).

Ábrese un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e anunciarase ademais nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, dado que estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (dirección https://www.ribeira.gal).

Igualmente, acórdase suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do plan especial.

O que se fai público en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Ribeira, 19 de decembro de 2024

Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde presidente