No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 231, do 12 de decembro de 2024, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de psicólogo/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica superior, subgrupo A1, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.
Oleiros, 19 de decembro de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal
