DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo de promoción interna (funcionarización) do posto de pedagoga/o, de Administración especial, grupo de titulación A1, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 240, do 13 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo de promoción interna (funcionarización) do posto de pedagoga/o, de Administración especial, grupo de titulación A1, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 16 de decembro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4 de xullo;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior