DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2025 Páx. 3360

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461F).

Con data do 30 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 188 a Orde do 19 de setembro de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).

Con data do 15 de outubro de 2024, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes (do 16.10.2024 ao 13.11.2024, ambos incluídos).

Con data do 26 de novembro de 2024, o Diario Oficial de Galicia fixo publica a Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se aprobaban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas deste proceso.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 19 de setembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Confirmar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 19 de setembro de 2024 (DOG núm. 188, do 30 de setembro), publicadas con carácter provisional no DOG número 228, do 26 de novembro de 2024.

Segundo. O primeiro exercicio deste proceso selectivo, a proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 22 de xaneiro de 2024, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, ás 11.00 horas, e para o seu desenvolvemento, o tribunal designado para tal fin dará as instrucións necesarias a través da páxina web da Agasp.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 3 de xaneiro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública