De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no terceiro cuadrimestre de 2024, que figuran no anexo.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2025
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Asinantes |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Friol |
Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Friol para o proxecto senlleiro de mantemento e mellora da cuberta do centro social de Lamas, na categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
20.9.2024 |
28.853,16 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Mos |
Addenda ao convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Mos para o proxecto senlleiro de acondicionamento de espazo público para uso formativo e de lecer na categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
22.10.2024 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Oroso |
Addenda o convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Oroso para o proxecto senlleiro de mellora interior do centro cívico da Casa da xuventude e escola de música de Sigüeiro, na categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
4.11.2024 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Curtis |
Addenda pola que se modifica o Convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Curtis para o proxecto senlleiro de dixitalización para a posta en valor da ruta das igrexas e da denominación de orixe Arzúa-Ulloa na categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca. |
4.11.2024 |
Sen achega |
