No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, tramítase o recurso 302/24 (procedemento abreviado), interposto por María Lourdes García Jiménez fronte á desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización de listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.
A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na baremación.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
