No Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 527/2024 (procedemento abreviado), interposto por Felipe Barral Besada fronte á Resolución do 27 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestiman os recursos de reposición presentados contra a Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a baremación definitiva do concurso de méritos (DOG núm. 114, do 16 de xuño) e contra a Resolución do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 185, do 28 de setembro), pola que se publica a relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo.
O recorrente solicita a nulidade do criterio de desempate previsto no punto 8.1.6 da convocatoria do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, publicada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
