DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3684

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2025 (código de procedemento MT402B) tramitado como expediente anticipado de gasto.

Advertidos erros no citado extracto publicado no Diario Oficial de Galicia número 5, do xoves 9 de xaneiro de 2025, cómpre realizar as seguintes correccións.

Na páxina 1225, onde di:

«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase en 7 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse presentar desde as 12.00 horas do referido día».

Debe dicir:

«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse presentar desde as 12.00 horas do referido día».