En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
Segundo a base I.2.8 da convocatoria non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade de química, como consecuencia da Resolución do 15 de novembro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***0734** |
Cajaraville Leiro, Ana |
Libre |
44 |
|
44 |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
