DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican varias resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural en relación coa zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE

Lugo, 18 de decembro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Acto que se notifica

01462002F

Resolución

33828303H

Resolución

76548262F

Resolución