Asunto: proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase), en Pontevedra.
Concello: Lalín.
Promotora: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
Administración expropiante: Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Mediante a Resolución da Consellería de Economía e Industria do 12 de novembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 14 de novembro, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordo adoptado pola Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, no complexo administrativo San Lázado de Santiago de Compostela, edificio Igape, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais de na páxina web da consellería https://economia.xunta.gal
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
|
Predio |
Persoas que se notifican |
|
2, 96, 104 |
Luís Rodríguez Hermida |
|
16 |
José Luis Pérez Donsión |
|
43 |
Manuel Vázquez Pereira |
|
56, 107, 118, 119 |
Nicasio H. Blanco Rodríguez |
|
60, 83, 115 |
Manuel González Ferradas |
|
131, 138 |
Teresa Granja S-S, María Dolores González Granja María Fe González Granja |
