DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3652

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR351A).

Mediante a Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR351A) (DOG núm. 118, do 19 de xuño).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 26 destas bases.

A Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias ditou proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas, e elevou a proposta de resolución a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a cal resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR351A), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 26 da convocatoria, pola contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.712B.772.0, código de proxecto 2021 00157.

Esta axuda ten por finalidade:

i. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

ii. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

iii. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima de 5 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 26 da orde), por non cumprir os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no artigo 26.3 da orde establecido o punto de corte en 5 puntos. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións indicadas no artigo 26.3 da orde de convocatoria. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.

Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta consellería do 7 de xuño de 2024 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) O prazo de xustificación e solicitude de pagamento destas axudas é ata o 30 de setembro de 2025, inclusive. Establécese o período entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de setembro de 2025, como o prazo para solicitar o pagamento.

d) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a notificación de concesión da axuda. Para os anticipos concedidos, as persoas beneficiarias deberán comunicar unha declaración dos gastos que xustifique o uso dos anticipos.

e) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.

f) Para proceder ao pagamento da subvención, o/a beneficiario/a deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 7 de xuño de 2024 e presentar a documentación indicada no seu artigo 29, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

g) Se o/a beneficiario/a da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, cumprindo cos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 7 de xuño de 2024, relativo a incumprimentos.

h) As obrigas das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 18 da orde.

i) Conforme o disposto no artigo 5 da orde, o/a beneficiario/a da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

j) Estas axudas proceden do fondo/programa operativo: instrumento de recuperación da Unión Europea ( EURI) no marco do PDR 2014-2020 do seguinte xeito:

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Encaixe estrutural no plan:

Eixe: submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

Prioridade/prioridade de investimento:

Esta submedida contribúe directamente ás áreas focais:

2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa restruturación e modernización, en particular, con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola);

e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).

k) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites seguintes:

a. A suma do importe da subvención non reembolsable máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o Regulamento (UE) nº 964/2014, non poderá exceder as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no anexo II do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

b. A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención non reembolsable, non poderá superar o importe total do investimento subvencionable.

c. Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.

No caso de que superen os límites indicados nas epígrafes a) e/ou b), procederase a reducir a subvención non reembolsable concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatibilidade citados.

l) O/a beneficiario/a deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 19 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014.

Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa Carpeta cidadá.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Aprobacións

Orde

Código de

expediente

Beneficiaria

NIF

Puntuación criterios de prioridad

Subvención concedida

Importe

1

362024000009

Cobideza, S. Coop.

F36211019

12

75.425,40 €

2

272024000005

Aira, S. Coop. Galega

F27317593

11

300.000,00 €

3

152024000018

Coop. Lácteas Unidas, S. Coop. galega

F70509096

11

300.000,00 €

4

152024000007

Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro, S. Coop. galega

F15014236

11

122.240,00 €

5

362024000007

Campodeza, S. Coop. Ltda.

F36047058

11

184.920,00 €

6

152024000014

Cusoviame, S. Coop. galega

F15025810

10

240.000,00 €

7

362024000004

Cooperativa O Rodo

F36100782

10

240.000,00 €

8

152024000025

Aranxes, S. Coop. galega

F15799273

10

168.682,80 €

9

362024000001

Sociedad Cooperativa Gandeiros do Deza

F36393775

9

136.400,00 €

10

362024000006

Aprodeza, S. Coop. galega

F36188829

9

88.400,00 €

11

272024000006

Leira, S. Coop. galega

F27339043

9

33.680,00 €

12

272024000004

Coparma, S. Coop. galega

F27261379

9

190.722,00 €

13

272024000002

CUMA Sarria 2011, S. Coop. galega

F27420306

8

140.400,00 €

14

152024000024

CUMA de Xallas e Barcala, S. Coop. galega

F15844194

8

230.704,80 €

15

152024000033

Orceto, S. Coop. galega

F70511894

8

92.400,00 €

16

362024000005

Maquideza, S. Coop. galega

F36398923

8

155.600,00 €

17

152024000002

Brandelos, S. Coop. galega

F15882731

8

95.704,00 €

18

152024000019

CUMA Xamazas, S. Coop. galega

F70320684

8

116.400,00 €

19

152024000021

Central de Frades, S. Coop. galega

F15018534

7

104.388,00 €

20

152024000029

Granxamor Integración, S. Coop. galega

F70591490

7

24.400,00 €

21

152024000010

Río Mera, S. Coop. galega

F15949001

7

148.895,87 €

22

152024000003

Santaiatordoia, S. Coop. galega

F15878804

7

125.460,80 €

23

152024000004

Tordoia, S. Coop. galega

F70015243

7

112.340,80 €

24

362024000003

Cumadeza, S. Coop. galega

F36598530

7

89.528,80 €

25

152024000011

Foucellas, S. Coop. galega

F15847676

7

23.200,00 €

26

152024000015

Soneira de Bergantiños, S. Coop. galega

F70172739

7

121.521,75 €

27

152024000001

Vicebo, S. Coop. galega

F15850910

7

120.400,00 €

28

152024000020

Montearo, S. Coop. galega

F15931694

7

99.400,00 €

29

272024000001

Camposán, S. Coop. galega

F27274570

7

20.688,92 €

30

152024000006

Vitoba, S. Coop. galega

F70012372

7

34.351,60 €

31

152024000028

San Rián, S. Coop. galega

F70204995

7

117.360,00 €

32

152024000027

Xallas Santa Comba, Soc. Coop. galega

F15020290

6

112.789,60 €

33

152024000017

Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, S. Coop. galega

F15000177

6

118.000,00 €

34

152024000016

El Plantel Comarcal de Betanzos, S. Coop. galega

F15021272

6

96.884,00 €

35

152024000005

Portaferreiros, S. Coop. galega

F70040282

6

34.800,00 €

36

152024000012

A Lamela, S. Coop. galega

F70616230

6

11.515,00 €

37

152024000026

Nós Agricultores, S. Coop. galega

F72537541

6

240.000,00 €

38

152024000031

Granxa A Costa, S. Coop. galega

F70039854

6

199.500,00 €

39

322024000001

Viña Costeira, S. Coop. galega

F32002230

5

66.879,89 €

40

152024000009

Agraria Comarcal de Ordes, S. Coop. galega

F70305818

5

31.360,00 €

41

152024000023

Cooperativas Reunidas de Bergantiños, S. Coop. galega

F70305032

5

55.760,00 €

42

362024000008

Lalinenses, S. Coop. galega

F70873112

5

96.780,00 €

ANEXO II

Denegacións

Orde

Código
de expediente

Beneficiaria

NIF

Motivo de denegación:

non cumprimento

1

152024000013

Parceiros, S. Coop. galega

F55396857

Incumpre o artigo 3: beneficiarios

2

152024000022

Ganadería do Campo SAT nº 975 XUGA

V15656382

Incumpre o artigo 3: beneficiarios

3

152024000030

Os Pequeniños, S. Coop. galega

F70051446

Incumpre o artigo 4: requisitos para todas as entidades beneficiarias da axuda

4

152024000032

Grille, S. Coop. galega

F15017346

Incumpre o artigo 3: beneficiarios

5

272024000003

Coparma, S. Coop. galega

F27261379

Desistimento por duplicidade de solicitudes