DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía ditada con data do 8 de xaneiro de 2025, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de Estefanía López Fernández, con DNI ****622-E, e Lorena Lorenzo Deus, con DNI ****054-Z, como persoal funcionario de carreira do Concello de Carballedo, Lugo, en cadansúa praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1.

As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial del Estado.

Carballedo, 8 de xaneiro de 2025

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde presidente