DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2024.

En cumprimento do establecido no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público, no artigo 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 5 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local e no artigo 20.Tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, faise público que polo Decreto do alcalde 1249/2024, do 20 de decembro, acordouse:

Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Padrón para o ano 2024 de acordo co orzamento municipal e o cadro de persoal aprobados polo Pleno da Corporación Municipal na sesión do 29 de decembro de 2023:

Funcionarios de carreira

Grupo

(artigo 76 RDL 5/2015)

Clasificación

Núm.

vacantes

Denominación

Acceso

A1

Escala administración xeral.

Subescala técnica.

1

Técnica/o

libre

AP

Escala administración xeral.

Subescala subalterna.

1

Ordenanza

libre

Total

2

Contra a resolución indicada, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer:

– Potestativamente o recurso de reposición, no prazo máximo dun mes desde o día de publicación desta resolución, ante o mesmo órgano que ditou o acto impugnado.

– Con posterioridade á resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ou ben directamente, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses desde o día de publicación desta resolución.

– O recurso extraordinario de revisión, segundo o previsto no artigo 113 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que estime procedente.

Padrón, 20 de decembro de 2024

Anxo Rei Arca
Alcalde