DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de aprobación das bases para contratar un/unha encargado/a da brigada de obras e servizos e constituír unha bolsa de emprego para esta categoría, mediante o procedemento de concurso-oposición libre.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 23 de decembro de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de encargado/a da brigada de obras e servizos do Concello de Rábade e constituír unha bolsa de emprego para esta categoría, mediante o procedemento de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia, número 298, do 27 de decembro de 2024, e no número 2, do 3 de xaneiro de 2025 (corrección de erros), aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición libre, para cubrir a praza vacante obxecto da convocatoria, cuxas características son:

Vinculación laboral:

laboral fixo/a

Grupo:

IV

Nivel de CD:

18

Denominación:

encargado/a de obras e servizos

Número de vacantes:

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello, no enderezo https://rábade.sedelectronica.gal

Rábade, 3 de xaneiro de 2025

Remedios González Cabarcos
Alcaldesa