DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2025 Páx. 3753

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan concursos públicos para a contratación de persoal docente.

De acordo co disposto na Lei orgánica 2/2023. do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), en diante, LOSU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre a contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, este reitorado, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar a convocatoria do seguinte concurso público:

Referencia: LA2405.

Categoría: listas de profesorado substituto.

Número de listas: 5.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como en la páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por tipo: «Concursos de profesorado» e empregando como palabras chave a referencia da categoría. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente xunto cos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Vigo, 9 de xaneiro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo