Antecedentes:
Primeiro. Mediante escritos do 5 de decembro de 2024, María Sandra Díaz Parcero (***3677**) solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Foral I e Dorinda.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. Con data do 18 de decembro de 2024, a directora territorial de Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).
Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Díaz Parcero, S.L. (B19393677), das concesións administrativas das seguintes bateas:
Nome: Foral I.
Situación:
Cuadrícula número: 54.
Polígono: B.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 27.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Sandra Díaz Parcero (***3677**).
Nova titular: Díaz Parcero, S.L. (B19393677).
Nome: Dorinda.
Situación:
Cuadrícula número: 12.
Polígono: A.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 27.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Sandra Díaz Parcero (***3677**).
Nova titular: Díaz Parcero, S.L. (B19393677).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).
Vigo, 18 de decembro de 2024
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
