DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces que supón a extinción da concesión de augas coa clave DH.A36.03449 (expediente DH.A36.87027).

Expediente: DH.A36.87027.

Carmen Rendo Caneda solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Carmen Rendo Caneda.

DNI: ***9816**.

Volume total anual: 2.395 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,86 l/s.

Destino: rega.

Orixe: x= 553833, y= 4743114 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Obra.

Parroquia: Obra (San Tomé).

Concello: Vila de Cruces.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga do río Ulla, nas coordenadas x= 553833, y= 4743114 (fuso 29 ETRS89), mediante tubo perforado e bomba de 1 Cv, con destino á rega da parcela 36059F505003600000GT.

Expediente: DH.A36.03449.

Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de augas de 0,84 l/s procedente do río Ulla, na parroquia de Obra, concello de Vila de Cruces (Pontevedra), con destino a regadío outorgada a Carmen Rendo Caneda na Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 27 de maio de 1998.

Causa de extinción: transcurso do prazo outorgado.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

Identificación do aproveitamento: coordenadas UTM da captación x= 553833, y= 4743114 (fuso 29 ETRS89).

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe os artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado polas vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O proxecto obxecto deste expediente estará dispoñible para a súa consulta nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, número 16, baixo, en Santiago de Compostela, onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, cita previa no teléfono 981 54 39 60, e na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro