DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 3909

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira, na escala auxiliar correspondente ao procedemento de estabilización extraordinaria de emprego temporal convocado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2024, tras a publicación polo tribunal de selección da relación complementaria das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publicada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, convocadas pola Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro e BOE do 29 de xaneiro), a relación complementaria das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, unha vez rematado o prazo establecido na base 8.1, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta complementaria feita polo tribunal cualificador e nomear funcionarias de carreira as persoas que superaron o proceso selectivo e acreditaron reunir os requisitos establecidos na base 2 da convocatoria segundo se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario/a de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala auxiliar. Subgrupo C2.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***5895**

García López, Sagrario

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

2

***0504**

Calvo Villar, Sonia

PF000709

Posto base. Subárea de Contabilidade

C1/C2

17

Mañá

Compostela

3

***7612**

Losada Luaces, Rosa María

PF000694

Posto base. Xerencia

C1/C2

17

Mañá

Compostela

Unidade de prestación de servizos: Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica