DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2025 Páx. 4218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO relativo á redución do ámbito do Plan especial de protección da cidade histórica (PE-1) afectado pola suspensión previa de novos usos residenciais en planta baixa (expediente 2024/27192Y).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión con data do 25 de novembro de 2024, acordou:

Primeiro. Levantar parcialmente os efectos da suspensión facultativa de licenzas e actos suxeitos a comunicación previa que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño de 2024 no ámbito do Plan especial de protección da cidade histórica (PE-1), co obxecto de non impedir novos usos residenciais en planta baixa fóra das zonas que se identifican no seguinte punto.

Segundo. Identificar as zonas de uso comercial preferente nas cales se mantén a suspensión de novos usos residenciais nos locais existentes na planta baixa.

No seguinte cadro identifícanse as citadas zonas, que poden ser:

a) Eixes: defínense polo nome das rúas que os integran, que se inclúen completas ‒cando así se indica no cadro‒ ou só no tramo correspondente aos números postais relacionados. Cando a rúa está incluída só en parte dentro do PE-1, a suspensión afecta só a parte da rúa incluída no dito ámbito (no resto será de aplicación a ordenanza do plan vixente).

Nos eixes, a suspensión afecta todos os locais situados en calquera das rúas ou tramos de rúa que se relacionan.

b) Ámbito: defínese un ámbito territorial delimitado por varias rúas e a suspensión afecta todos os locais en planta baixa situados dentro do ámbito así delimitado.

Mantense a suspensión nos seguintes ámbitos:

Nos eixes, a suspensión mantense para todos os locais situados en calquera das marxes da rúa ou do tramo de rúa afectado:

Eixe

Rúa

Números postais (1)

Observacións (2)

Galeras-San Clemente

Galeras

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Campo das Hortas

 

7A, 7, 8-9

 

Hortas

 

61

 

Pombal

Completa

 

 

San Clemente

 

13

 

Avda. da Coruña-Avda. de Figueroa

Avda. da Coruña

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Rosalía de Castro

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Casas de Compostela

Completa

 

 

Xoan Carlos I

Completa

 

 

Campo da Estrela

Completa

 

 

Avda. de Figueroa

Completa

 

 

Carreira do Conde-Porta do Camiño

Montero Ríos

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Rapa da Folla

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Carreira do Conde

Completa

 

 

Senra

Completa

 

 

Fonte de Santo Antonio

Completa

 

 

Tránsito da Mercé

Completa

 

 

Ensinanza

Completa

 

 

Virxe da Cerca

Completa

 

 

Praza do Matadoiro

Completa

 

 

Aller Ulloa

Completa

 

 

Cruz de San Pedro-Acibechería

Concheiros

 

 

Ámbito incluído

no PE-1

Cruz de San Pedro

 

1, 2, 10, 11, 12, 13, 14

 

Corredoira das Fraguas

 

1, 3, 5A

 

San Pedro

Completa

 

 

Porta do Camiño

Completa

 

 

Casas Reais

Competa

 

 

Praza de Cervantes

Completa

 

 

Acibechería

Completa

 

 

Praza da Inmaculada

Completa

 

 

Travesa das Dúas Portas

Completa

 

 

Porta Faxeira-San Francisco

Porta Faxeira

Completa

 

 

Do Franco

Completa

 

 

Praza do Obradoiro

Completa

 

 

San Francisco

Completa

 

 

Basquiños-Praza de Cervantes

Basquiños

Completa

 

 

Santa Clara

 

11 a 21

 

San Roque

Completa

 

 

Praza de San Roque

 

1

 

Algalia de Arriba

Completa

 

 

1 Abrangue os locais situados en calquera das marxes do tramo de rúa que discorre polos números postais sinalados, aínda que o local teña outro número postal.

2 Abrangue só os locais situados na rúa indicada cando o local se encontra dentro do ámbito do PE-1.

Ámbito completo delimitado polas rúas:

A suspensión mantense para os locais situados no interior do ámbito delimitado (ademais dos que se sitúen nalgún dos eixes antes relacionados):

Norte

Travesa das Dúas Portas/Praza da Inmaculada/Acibechería/Praza de Cervantes/Casas Reais/Porta do Camiño

Oeste-sur

Porta do Camiño/Aller Ulloa/Virxe da Cerca/Ensinanza/Tránsito da Mercé/Fonte de Santo Antonio/Senra

Leste

Porta Faxeira/Rúa do Franco/Praza do Obradoiro/San Francisco

En consecuencia, a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia, quedarán excluídos dos efectos da suspensión publicada o 19 de xuño de 2024 os seguintes actos:

– Os que supoñan a implantación de novos usos residenciais permitidos polo vixente PE-1 na planta baixa dos inmobles situados fóra das zonas identificadas no cadro anterior.

A suspensión de novos usos residenciais en planta baixa mantén a súa vixencia ‒ata o día 20 de xuño de 2025‒ en todos os locais existentes no ámbito do PE-1 que se sitúen:

a) En calquera das marxes das rúas ou dos tramos de rúa que integran os eixes identificados no cadro.

b) No interior do ámbito territorial completo delimitado polas rúas que se relacionan ao final do cadro.

Así mesmo, mantense a suspensión ‒ata o día 20 de xuño de 2025‒ en todo o ámbito do PE-1 para os demais actos que se describen nos puntos 2 e 3 do acordo de suspensión publicado o 19 de xuño de 2024, agás cando se encontren nalgunha das excepcións relacionadas no mesmo acordo.

O acordo poderá impugnarse mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dentro do prazo máximo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O acordo adoptado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/urbanismo/planeamiento/modificacion-do-plan-especial-de-proteccion-e-rehabilitacion-da-cidade-historica

Na dita ligazón inclúese un plano no cal figuran identificados tanto os eixes como o ámbito territorial referido na letra b).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica