DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na tramitación do expediente de baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola 324000409842.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo director territorial do Medio Rural de Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 17 de decembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

324000409842

34695081H

Prazo de alegacións