DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 19 de decembro de 2024 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Cenlle, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/110-3).

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, instalacións eléctricas no concello de Cenlle (expediente IN407A 2024/110-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, no Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de decembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/110-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CAS801 en tramo entre os apoios nº D63-4 e nº D63-5.

Situación: lugar de Sadurnín, concello de Cenlle.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32026A018002160000TT.

Lugar: A Voutureira.

Cultivo: monte baixo.

Titular: herdeiros de Carmen Fernández Durán.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D63-5.