DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2023/445-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CTI Altín (36AE56) por CTC.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm² Al, de 72 metros de lonxitude, coa orixe e final no apoio existente C-3000-18 (9QD5SSML) da LMTA VLG802, mediante dous pasos aéreo subterráneos, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto de 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36051A021001150000FG, en Soutullo.

Retirada do centro de transformación intemperie Altín 36AE56.

A instalación está situada en Soutullo, Noaia, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 23 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/445-4.

Denominación: LMTS e substitución CTI Altín (36AE56) por CTC.

Concello: Sanxenxo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT/apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Cova de Pazos

Urbano

36051A021001150000FG

Manuel Lima

CT

38,13

1,75

6,32

2

Cova de Pazos

Urbano

36051A021001140001GU

Manuel González Patiño

Apoio

2,00

2,02