DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4331

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F).

BDNS (Identif.): 808823.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2025 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).

Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e a consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón trescentos cincenta mil euros (1.350.000 euros).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración