DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2025 Páx. 4686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico de deportes, por promoción interna.

Mediante o Decreto desta Alcaldía, do 17 de decembro de 2024, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico de deportes, por promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 246, do 23 de decembro de 2024, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.

Brión, 23 de decembro de 2024

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde