Na Resolución da Alcaldía número 2025-0029, do 10 de xaneiro, aprobouse a modificación do anexo I das bases específicas da convocatoria do proceso selectivo para a provisión definitiva da praza vacante de arquitecto/a incluída na oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Moaña, cuxa convocatoria e texto íntegro se publicou no BOPPO nº 43, do 3 de marzo de 2022.
Ábrese un novo período de presentación de solicitudes que será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da modificación das bases específicas no Boletín Oficial del Estado.
A modificación íntegra publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal
Moaña, 10 de xaneiro de 2025
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
