DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5379

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2025 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

2024

2025

2026

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Vilagarcía de Arousa e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas de San Roque 2024

3.9.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Verín e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Entroido 2024

13.9.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago para o impulso e promoción do Camiño de Inverno

16.9.2024

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación San Rosendo para a promoción do turismo terapéutico termal a través do desenvolvemento dun programa de estadías en balnearios da provincia de Ourense

17.9.2024

1.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas de San Froilán 2024

20.9.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entres a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Pereiro de Aguiar para acondicionamento de área de servizo para autocaravanas no lugar do Roupeiro

24.9.2024

30.685,30 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vilarmaior para a rehabilitación e adecuación de fonte e lavadoiro de Vilapape

30.9.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Merca para a rehabilitación parcial de 34 canastros agrupados no núcleo da Merca

2.10.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Coirós para a posta en valor do anfiteatro A Cortella

7.10.2024

29.991,86 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e OPC Galicia para o apoio e impulso de eventos MICE en Galicia

15.10.2024

130.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a SAMI Catedral de Santiago de Compostela para a cesión de uso do inmoble denominado Casa do Deán para o seu uso como oficina de turismo da Xunta de Galicia

17.10.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o cofinanciamento de actuacións de promoción turística na provincia da Coruña

18.10.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e Abanca Corporación Bancaria, S.A. Para a celebración das Festas do Apóstolo 2024

18.10.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra para apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2024

25.10.2024

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para a reposición de pavimentos na travesía e de pérgolas no Parque dos Indianos

28.10.2024

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino As Mariñas

29.10.2024

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Terras de Santiago

29.10.2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Poio para a adquisición de terreo para mellora de instalacións recreativas e deportivas na zona de Vilariño

30.10.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para o proxecto de pavimentación da rúa As Corgas na Castellana, estrada vella en Reboredo e acceso á Carballeira

30.10.2024

170.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo

30.10.2024

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Comarca de Lugo-Terras da Ulloa

30.10.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Allariz-Maceda

30.10.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino A Limia

30.10.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño

30.10.2024

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Deza-Tabeirós

30.10.2024

39.997,71 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Celanova-Terras do Xurés

30.10.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Trevinca-Valdeorras

30.10.2024

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino O Salnés

30.10.2024

50.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo para o proxecto de mellora da accesibilidade peonil no paseo de Silgar e rúa Madrid

31.10.2024

240.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Condado-Paradanta

31.10.2024

28.210,62 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Ancares-Terras de Burón

1.11.2024

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino A Mariña Lucense

4.11.2024

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Terras da Comarca de Ordes

6.11.2024

40.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago 2024

7.11.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Valga para a adquisición de terreos para a supresión de pasos a nivel situados nos pp.qq. 64/110 e 65/212 da liña ferroviaria Redondela-Santiago

8.11.2024

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para obras de mellora das infraestruturas turísticas no contorno da oficina de turismo e da praza Pancho Maseda

12.11.2024

48.227,55 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ría de Muros-Noia

12.11.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ferrolterra

12.11.2024

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ribeiro-Carballiño

12.11.2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Coste da Morte Asociación de Turismo (CMAT) para a reactivación do turismo no xeodestino Costa da Morte

14.11.2024

29.600,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental para a execución do proxecto de promoción comercial Eu compro no núcleo histórico de Santiago

15.11.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ribeira Sacra

15.11.2024

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación CEDE-Confederación Española de Directivos e Executivos, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia de Turismo de Galicia para o desenvolvemento dunha actuación centrada nas oportunidades e desafíos da intelixencia artificial no marco da innovación empresarial

20.11.2024

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a adquisición de terreo coa finalidade da creación dunha pista de atletismo, pista de tiro con arco e espazo de usos múltiples

21.11.2024

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Portas para a adquisición de terreos na Azucreira destinados a desenvolver actividades de índole turística e cultural ao aire libre

23.11.2024

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Coordinadora Festa da Istoria e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Istoria 2024

27.11.2024

25.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da Capela da Virxe de Guadalupe

29.11.2024

42.991,30 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do Plan de sustentabilidade turística de Ribeira, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

29.11.2024

313.620,00 €

1.599.000,00 €

87.380,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Lama para a roza e limpeza de cunetas e marxes de camiños municipais

4.12.2024

50.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Pontevedra para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

5.12.2024

76.001,00 €

1.170.134,00 €

753.865,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para actividades de promoción do turismo en Galicia na Festa dos Indianos en Ribadeo

9.12.2024

100.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino proxecto xeoparque Cabo Ortegal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU*

10.12.2024

236.279,25 €

1.248.344,23 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística Fragas do Eume, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU*

10.12.2024

618.700,73 €

959.086,37 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Ría de Arousa Norte para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Barbanza-Arousa

11.12.2024

48.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo para a execución do Plan de sustentabilidade turística Sanxenxo 365 días, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

11.12.2024

390.161,32 €

1.304.847,76 €

304.990,92 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos para a execución do Plan de sustentabilidade turística en Destino Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas: destino de ecoturismo familiar neutro en carbono, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU*

13.12.2024

140.382,00 €

1.155.104,00 €

22.079,00 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Condado-Paradanta, unha terra entre ríos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

17.12.2024

357.393,00 €

982.034,01 €

760.572,99 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia-Asnauga para a promoción do turismo náutico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

20.12.2024

904.921,14 €

895.078,86 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga) para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia

20.12.2024

50.000,00 €

Cuarta addenda do convenio de colaboración entra a Axencia Turismo de Galicia, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Folgoso do Courel para a adecuación da Área Recreativa de Mogoxe*

23.12.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Marín para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Marín, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU*

27.12.2024

1.761.593,00 €

35.773,03 €

Addenda ao convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino novos modelos para a sustentabilidade e a competitividade turística na Ría de Muros-Noia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

27.12.2024

704.937,69 €

1.265.062,31 €

30.000,00 €

* Addendas de convenios con anualidades de exercicios anteriores