DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5386

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade da relación de sociedades de garantía recíproca e entidades de crédito adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, coas sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 26 de decembro de 2024, acordou, por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-Pemes) para o ano 2025. As ditas bases publicáronse mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro).

O artigo 20.3 das ditas bases establece que as entidades asinantes e adheridas ao convenio se relacionan no anexo VII a estas bases, e a adhesión pode limitarse a algunha das liñas de financiamento recollidas no anexo I, caso en que se recollerá expresamente.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Publicar o anexo VII das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas coa relación de sociedades de garantía recíproca asinantes e entidades de crédito adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) para o ano 2025.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO VII

Relación de sociedades de garantía recíproca e entidades de crédito adheridas

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e
medianas empresas (Financiamento Igape-pemes)

Cooperativas de crédito

Bancos

Fondos de titulación

SGR

Caixa Rural Galega

Cajamar Caja Rural

Bankinter

Abanca

Banco de Sabadell

BBVA

Banco Santander

Aquisgran

Sogarpo, S.G.R.

Afigal, S.G.R.

Iberaval, S.G.R.