DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5436

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025 pola que se establecen a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, con anterioridade á convocatoria dos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público e con validez para todas elas, a consellería competente en materia de función pública determinará, mediante un único sorteo público, realizado logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a orde de actuación das persoas aspirantes en todas as probas selectivas de ingreso que se realicen durante o ano. O resultado deste sorteo deberá recollerse en cada convocatoria.

De conformidade co devandito artigo, co obxecto de determinar a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2025, esta consellería

RESOLVE:

Realizar en acto público o sorteo referido no parágrafo anterior o día 21 de xaneiro de 2025, ás 10.00 horas, na sala D da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal