DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5432

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 12 de agosto de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 20 de agosto), que deixa sen efecto a Resolución do 13 de novembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 230, do 28 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 13 de xaneiro de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto), á vista da estimación dun recurso de alzada presentado fronte á Resolución do 13 de novembro de 2024 (DOG núm. 230, do 28 de novembro) e co obxecto de lle dar explicación,

ACORDOU:

Primeiro. Anular as seguintes preguntas do 1º exercicio:

• Quenda de acceso libre:

– Parte primeira do cuestionario de contido teórico:

23, 33, 40, 65, 68 e 84.

O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 123, 124, 125 e 126.

A corrección desta primeira parte do exercicio faise sobre un total de 88 preguntas.

– Parte segunda do cuestionario de contido práctico:

91, 102, 111, 115, 117 e 118.

O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 127, 128, 129 e 130.

A corrección desta segunda parte do exercicio faise sobre un total de 28 preguntas.

• Quenda de promoción interna:

– Parte primeira do cuestionario de contido teórico:

3, 13, 20, 45, 48 e 64.

O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 101, 102, 103 e 104.

– Parte segunda do cuestionario de contido práctico:

71, 82, 91, 95, 97 e 98.

O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 105, 106, 107 e 108.

A corrección do exercicio faise sobre un total de 96 preguntas.

Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na seguinte pregunta:

Na quenda de acceso libre, a pregunta núm. 67, sendo correcta a alternativa b).

En correspondencia co anterior, na quenda de promoción interna, a pregunta núm. 47, sendo correcta a alternativa b).

Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e pola Resolución deste tribunal, do 7 de outubro de 2024, publicada no taboleiro de anuncios web corporativo funcionpublica.xunta.gal, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que, na quenda de acceso libre, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, sempre e cando acaden o mínimo do 50 % en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.

No acceso pola quenda de promoción interna, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Terceiro. A presentación do recurso de alzada e a súa resolución motivou a realización dunha nova corrección e baremación, que se realizou na sesión do 20 de decembro de 2024, e de acordo coas normas e criterios anteriores, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima un total de 11 persoas aspirantes, e fixouse en 35,2 o número mínimo de respostas correctas correspondentes á primeira parte do exercicio e en 11,2 o número mínimo de respostas correctas correspondentes á segunda parte do exercicio, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria: as respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta; as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Para obter o dito número de persoas aptas foi preciso aplicar o criterio subsidiario de porcentaxe neta de aprobados sinalada do 40 % de respostas correctas netas en cada un dos bloques teórico e práctico.

Na quenda de promoción interna, acadaron a puntuación mínima un total de 3 persoas aspirantes e fixouse en 48 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria: as respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta; as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Son 11 as persoas que acadaron o mínimo do 40 % das respostas correctas, en cada parte do exercicio na quenda de acceso libre, e 3 as persoas que acadaron o mínimo do 50 % das respostas correctas na quenda de promoción interna, da relación que se xunta a esta resolución. Respecto das persoas que non acadaron algunha das ditas porcentaxes mínimas, publícase na relación correspondente e decláranse non aptas; sinálase para cada aspirante os bloques *1, *2 e *3 (=ambos os bloques) en que non se cumpriu a condición de porcentaxe mínima.

De acordo co disposto na base II.1.1.1 da resolución da convocatoria, para a superación do dito exercicio será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025

María José Campos Núñez
Presidenta do tribunal