DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a execución da ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase).

Asunto: proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase) Pontevedra.

Concello: Lalín.

Promotora: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Administración expropiante: Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Mediante a Resolución da Consellería de Economía en Industria, do 12 de novembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 14 de novembro, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da ampliación do parque empresarial de Lalín 2000 (4ª fase) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Mediante o Anuncio de 17 de decembro de 2024 , da Dirección xeral de Estratexia Industrial e Solo

Empresarial, sinálanse as datas e citanse ás persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo de este anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do anuncio adoptado pola directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no Complexo Administrativo San Lázaro de Santiago de Compostela, Edificio Igape, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

En Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Persoas que se notifican

Nicasio H. Blanco Rodríguez

Manuel González Ferradas

Teresa Granja s-s,

María Dolores González Granja

Alfonso Bodaño García

Manuel Camba Blanco

María Celia Crespo Fernández

Juan Carlos Domínguez Ferradás

Sergio Fernández Saavedra Vidal

María Herminia Celia Ferradás Riádigos

María Josefa Ferradás Riádigos

José Ramón Ferradas Varela

María Elena Haya Roldán

Piedad Emérita Hermida González

Melucha Amelia Lorenzo Villanueva

Hortensia Nóvoa Granja

Manuel Presas Enríquez

Begoña Rodríguez Hermida

Lilia Varela Granja