DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución dos apoios 9T76STWU//1-21 na LMT CII809 e 9T7GJLOC//1-20 na LMT CII818.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio a persoa afectada pola expropiación é informada da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación do ben e dereito afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9T76STWU//1-21 na LMT CII809 e 9T7GJLOC//1-20 na LMT CII818, no concello de Cangas, que figura no cadro anexo.

O interesado poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 27 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/349-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios 9T76STWU//1-21 na LMT CII809 e 9T7GJLOC//1-20 na LMT CII818.

Concello: Cangas.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Depósito previo

2

36008A045006880000JF

José Paz Martínez

10 de febreiro de 2025

2024/54/563