Na sede electrónica do Concello de Campo Lameiro (https://campolameiro.sedelectronica.gal/info.0) publicáronse a convocatoria e as bases específicas de selección de persoal e a convocatoria no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir prazas de estabilización de emprego para o Concello de Campo Lameiro, mediante o sistema de concurso-oposición e de concurso.
O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello de Campo Lameiro.
Campo Lameiro, 20 de decembro de 2024
Carlos Costa Domínguez
Alcalde
