No Boletín Oficial da provincia de Lugo, núm. 246, xoves, 24 de outubro de 2024, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico de xestión (A2) de Administración xeral, mediante promoción interna.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, procédese á publicación do anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Vilalba, 27 de decembro de 2024
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
