No Boletín Oficial del Estado número 182, do 29 de xullo de 2024 (BOEA-2024-15607), publicouse a Resolución do 18 de xullo de 2024, do Concello de Vilalba (Lugo), referente á convocatoria para prover unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 132, do 8 de xuño de 2024.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 272, do 25 de novembro de 2024, publicouse anuncio de rectificación das devanditas bases.
Ábrese un novo prazo de presentación de instancias, exclusivamente para as prazas ou postos obxecto desta rectificación, de vinte días hábiles a partir do seguinte á publicación do anuncio de corrección no Boletín Oficial del Estado.
Vilalba, 27 de decembro de 2024
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
